Delirios de un Informático

Delirando sobre informática, fotografía, programación, móviles y mucho más desde 2003

Maquillando el currículum

votar
Archivado en Inclasificable con fecha 27/Ene/2005 - 15 comentarios

Es curiosa la biografía de Manuel Fraga que aparece en la página de la Xunta de Galicia:

Manuel Fraga comezou a súa actividade política en 1951 como secretario xeral do Instituto de Cultura Hispánica. Posteriormente, ocupou os cargos de secretario xeral do Consello Nacional de Educación (1953), de secretario xeral técnico do Ministerio de Educación (1955-58), secretario da Comisión de Asuntos Exteriores das Cortes (1958-62) e director do Instituto de Estudios Políticos (1961). Paralelamente ó desempeño destes cargos, actuou como conselleiro nacional, procurador en Cortes e membro do Consello de Estado.
Como diplomático, foi conselleiro de embaixada en 1961, ministro plenipotenciario en 1963 e embaixador en 1973. Ademais, formou parte de numerosas delegacións españolas en organismos internacionais.
Nomeado ministro de Información e Turismo en xullo de 1962, Fraga Iribarne impulsou a aprobación da Lei de prensa e imprenta, publicada en 1966 e o Estatuto da Publicidade. Converteu España na primeira potencia mundial en materia turística. Tras sete anos de lexislación e administración exemplares, durante os cales impulsou a creación de paradores nacionais e puxo en práctica unha política de expansión e axudas oficiais ó sector privado, fixo do turismo a primeira industria do país.
En setembro de 1973, Manuel Fraga foi nomeado embaixador de España no Reino Unido, cargo que ocupou ata 1975. Durante este período como diplomático, Manuel Fraga coñeceu o sistema parlamentario británico e afondou nas pautas do sistema democrático como medio de desenvolvemento. Asemade, en 1974, creou o Gabinete de Orientación y Documentación (GODSA), a partir do cal, en 1976, fundou Reforma Democrática.
En decembro de 1975, Fraga Iribarne foi nomeado vicepresidente do Goberno para Asuntos de Interior e ministro da Gobernación, ata xullo de 1976, no primeiro goberno da Monarquía. Sendo ministro da Gobernación autorizou o primeiro congreso da UGT, celebrado en Madrid, e impulsou a inscrición oficial doutras asociacións e partidos.

Que bien queda todo ¿verdad?. Ministro, diplomático, embajador… Pero se olvidan de decir que eso fué en una dictadura, pequeño detalle de importancia.

Delirios de un Informático :: Gestionado con WordPress :: Alojado en Bitacoras.com :: Licenciado bajo Creative Commons